Cinco novas vitimas elevan a 701 os mortos pola COVID19 en Galicia

17 Setembro 2020

Na área sanitaria de Santiago-Barbanza baixan a 635 os casos activos, 24 menos que onte. Hai 33 hospitalizados no CHUS , dous deles en críticos . Os pacientes curados 2.606 e realizaronse 63.135 PCRs.

En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.306 deles 1.236 son da área da Coruña, 772 da de Lugo, 503 da de Ourense, 584 da de Pontevedra, 394 da área de Vigo, 635 da de Santiago, e 182 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 28 están en UCI, 201 en unidades de hospitalización e 4.077 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 16.064 persoas curadas, rexistrándose 701 falecementos. As tres últimas persoas falecidas en centros hospitalarios foron, unha muller de 56 anos que estaba ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro, un home de 56 anos que estaba ingresado no CHOP, e unha muller de 77 anos que estaba ingresada no HULA. Todos eles presentaban patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 410.517.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Memorias desaforadas de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“Memorias desaforadas de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

Aquel neno que, vestido de mariñeiriño, se demoraba sobre a frescura da herba para buscar o alento da terra, non facía outra cousa que preparar o rumbo das súas navegacións futuras. Nese contacto primordial, o pequeno soñaba con barcos que hoxe, convertidos en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.