Chega unha nova canteira de regatistas locais: a Escola de Optimist de Porto do Son

17 Setembro 2020

Este mércores 16 de setembro presentouse no Real Club Náutico de Portosín unha nova e destacada iniciativa para a dinamización deportiva infantil e xuvenil na nosa comarca: a Escola Deportiva de Optimist de Porto do Son, impulsada polo club e polo Concello.

A escola, que está apadriñada por Iago López Marra (regatista olímpico vencellado ao club), xorde poñendo o foco en achegar a dita modalidade náutica a nenas e nenos sonenses con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos. Segundo se fixo saber na presentación, a iniciativa tamén se pon en marcha para tirar proveito “das magníficas condicións que ofrece a ría de Muros e Noia para a navegación en optimist, e non só como actividade vacacional”.

A actividade ofrece aos seus integrantes a posibilidade de comezar no deporte da vela e pasar a formar parte dos equipos de optimist onde “miles de rapaces en todo o mundo aprenden a coñecer o mar e desenvolver as habilidades técnicas para o manexo das diferentes embarcacións e diferentes situacións”, explicouse na presentación da escola, destacando o feito de que neste ámbito deportivo foi onde se adestrou dende novo o propio Iago López, “hoxe en día todo un referente a nivel mundial”.

Os horarios que se poden escoller son 15.30 a 18.30 horas os venres ou de 11.00 a 14.00 horas os domingos.

No acto de presentación, acompañando a Iago López Marra, participaron tamén Fernándo Gonzalez como representante do RCN Portosín e Juan Pouso en representación do Concello de Porto do Son.

Outros artigos

Queiruga celebra este venres unha Noite de Bingo

A Casa da Cultura de Queiruga (Porto do Son) propón este venres 30 de xaneiro unha iniciativa de lecer para combater os rigores deste inverno azoutado polo tren infinito das borrascas atlánticas: unha Noite de Bingo organizada pola Comisión de Festas de Queiruga coa...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Sempre respectable”. Luís Celeiro

“Sempre respectable”. Luís Celeiro

Era un rapaz coma moitos outros, coma todos os outros do seu lugar e dos outros. Choraba igual quechoran todos, cando hai que chorar, e sufría coma sofren os febles, os desamparados no mundoorganizado polos poderosos. Era loitador preparado para as inclemencias...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.