Catorce alumnos do obradoiro de cociña de Ribeira visitaron a Lonxa local

04 Setembro 2020

Un total de catorce alumnos do obradoiro de emprego de cociña do Concello de Ribeira participaron este venres 4, nas primeiras horas da mañá, nunha nova visita á Lonxa de Ribeira, co obxectivo de afondar no seu coñecemento acerca da rula local, logo da súa estadía do pasado 28 de xullo. Os asistentes ao obradoiro, que estiveron acompañados por tres membros do persoal técnico (a directora do obradoiro Almudena Basoco, o profesor Patxi Movilla e a titora Estela Saa), asistiron en primeiro lugar á descarga de xurelos por parte dos barcos do cerco e outros buques de pesca.

Así mesmo, aproveitaron para coñecer as instalacións que dentro da rula posúe Pescados Paco, que conta con varios viveiros con centolas, bois, lumbrigantes, cigalas, etc., e observaron in situ o funcionamento dos mesmos. Aínda que estaba previsto entrar na sala de poxas optaron finalmente por non facelo para non entorpecer o labor dos profesionais que traballan nas subastas.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.