Bronca en Rianxo que obrigou á policia local a usar gases lacrimóxenos. Un detido compareceu esta mañá no xulgado de Padrón

18 Setembro 2020


Unha celebración de mozos esta pasada noite saldouse cunha disputa entre varios raparigos e a Policía Local de Rianxo. A trifulca rematou cun detido, dous denunciados e un axente lesionado.

Os feitos sucederon sobre a unha da madrugada, cando unha patrulla estaba a comprobar que se cumprise o horario de peche dos locais de hostalería e observou a un grupo de persoas que estaban a consumir bebidas alcohólicas na vía pública.
Ao proceder á súa identificación un dos integrantes do grupo negouse a facilitar os seus datos e comezou a insultar aos policías para de seguido, romper un vaso contra o chan e tentar fuxir.

Os axentes lograron interceptalo nunha rúa próxima momento no que tentou golpear a un dos axentes. Varias ducias de persoas coñecidas do rapaz tentaron impedir que o mozo fose detido.

A situación obrigou ós policías a pedir o apoio doutra dotación e vironse obrigados a utilizalas defensas e os gases lacrimóxenos para protexerse e disolver ao grupo de mozos. Os axentes conseguiron deter ao rapaz un veciño de Rianxo de 24 anos, que está acusado de ser o presunto autor dos delitos de desobediencia e resistencia grave a axentes da autoridade. Tamén foron denunciados dous acompañantes por infraccións previstas na lei de protección da seguridade cidadá. A policia está a tratar de identificar ós implicados na liorta.

Como consecuencia do incidente un dos axentes sufriu varias lesións, polo que foi atendido no centro de saúde de Rianxo. Ase emsmo rexistráronse danos no material do equipo policial.

O mozo detido foi trasladado ás dependencias da Policía Local e ingresou nos calabozos da Garda Civil. Esta mañá pasou a disposición xudicial en Padrón.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.