Boiro será sede da Escola RC Deportivo na vindeira tempada

16 Setembro 2020

A vertente formativa e fomentadora de novas promesas deportivas do Deportivo da Coruña vai seguir apostando por Boiro para a tempada 2020-2021. E farao contando coa localidade para ser novamente sede da Escola RC Deportivo. Así o confirmaron este mércores antes os medios o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; o coordinador das actividades formativas da Fundación RC Deportivo, Pablo Barros; o director de fútbol base do RC Deportivo, Fran González; e o coordinador da EFM, Juanvi Cameán.

Segundo fixeron saber, o obxectivo desta actividade é complementar os adestramentos e a formación futbolística de nenos e nenas de xeito individual, personalizado e atendendo ás necesidades de cada crianza. Os participantes, a través das sesións previstas, desenvolverán contidos complementarios ao seu traballo para “profundar no coñecemento e adestramento en fútbol baixo a supervisión de adestradores titulados e con experiencia”.

Segundo destacou o edil Marcos Fajardo, “para a rapazada de Boiro será unha moi boa oportunidade poder contar cunha formación deportiva deste nivel nas nosas escolas”.

Pola súa banda, Fran González fixo saber que formación terá en conta tres piares básicos: a educación en valores, o desenvolvemento motriz do alumnado e o achegamento e formación en fútbol. “É fundamental traballar o fútbol base, transmitir os valores do deporte e levar o deportivismo a todos lados”, afirmou.

Para nenas e nenos de idades entre os 6 e os 14 anos

A actividade vai dirixida a nenos e nenas entes os 6 e os 14 anos e vai ter unha duración anual, tendo en conta o calendario escolar, e ofértanse dous horarios, os luns de 17.00 a 18.00 horas e de 18.00 a 19.00 horas, podendo escoller adestrar unha ou dúas horas a semana. A iniciativa terá o centro de operacións no Campo de Vista Alegre. “So hai catro sedes en Galicia e estamos moi agradecidos de que Boiro sexa unha delas e de que, desde a Escola de Fútbol Municipal de Boiro, poidamos colaborar co Deportivo” afirmou Juanvi Cameán.

“A boa acollida e o éxito do Campus Depor deste verán levounos a querer traer a Boiro unha escola permanente”, dixo Pablo Barros. As inscricións están xa abertas e poden facerse a través da web escola.rcdeportivo.es. A inscrición mínima é de un mes.

Outros artigos

Este venres (e ata o domingo) proseguen as festas de San Pedro de Bealo

A parroquia boirense de Bealo celebra esta fin de semana, do venres 27 ao domingo 29 de xuño, as Festas de San Pedro, unhas celebracións que xa comezaron o domingo 22 de xuño (Día do Santísimo Sacramento, con misa solemne na igrexa parroquial e música) e que proseguen...

+

Arde un vehículo na saída da AG-11 en Boiro sen causar feridos

Un incendio nun vehículo obrigou a intervir aos bombeiros do parque provincial de Boiro arredor das 18:42 horas, despois de que o 112 Galicia alertase dun lume na saída 24 da AG-11, no termo municipal de Boiro. O incidente tivo lugar no aparcadoiro de Espiñeira, onde...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hay corruptos porque los controles no funcionan”. Manuel Velo

“Hay corruptos porque los controles no funcionan”. Manuel Velo

Se echan de menos los contrapesos que actúen a tiempo con neutralidad y profesionalidad. No hay verdadero interés por acabar con la corrupción a pesar qué según datos, España tiene más órganos de control que cualquier país de la UE. Las escaramuzas que de vez en cundo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.