Boiro amplía a rede de saneamento a varias vivendas nos núcleos de Coroño e Teaño

12 Setembro 2020

O Concello de Boiro realizou unha importante obra de saneamento na
rede de pluviais nos núcleos de Coroño e Teaño, así como mellora do
pavimento duns tramos para favorece a conexión entre as aldeas da contorna.
Con esta actuación, que se executa gracias ao financiamento da Deputación
Provincial da Coruña, con cargo ao POS 2019, dáse resposta a unha demanda mellora de servizos no rural.
No núcleo de Coroño ampliouse a rede de saneamento, realizando a
conexión de sete vivendas xa existentes e deixando proxectado para as 12
parcelas edificables que existen no núcleo. Deste xeito elimínanse os vertidos puntuais de augas negras das vivendas que, ata o de agora, chegaban ao rio Coroño. Tamén se planifican os servizos para o futuro crecemento do núcleo rural, cun total de 450 metros de canalizacións, 7 pozos de rexistro coas súas correspondentes acometidas domiciliarias e 2.200 metros cadrados de estrada pavimentada.
En Teaño levouse a cabo a condución de pluviais ata o colector existente
de augas limpas, que as canaliza logo ao rio Coroño, eliminando así os
numerosos problemas que tiñan os veciños pola entrada de auga de choiva no interior das vivendas. Realizouse unha canalización de 180 metros lineais e 8 arquetas sumidoiros, rematando a actuación co pavimentado con asfalto nuns 1.100 metro cadrados.
O importe total da actuación ascendeu a 74.628’73 euros e, con ela, mellóranse de xeito significativo as condicións de salubridade dun importante grupo de vivendas nos núcleos de Teaño e Coroño. Elimínanse tamén vertidos puntuais que se producían no río, mellorando a calidade medioambiental do curso do rio ata o estuario e renovase o firme dun tramo duns 700 metros de estrada, co que se favorece a conexión entre os veciños das diversas aldeas da contorna.

Outros artigos

Todo listo en Boiro para o inicio da gran Cabalgata

O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a Cabalgata de Reis este luns día 5 de xaneiro. A saída da Comitiva Real está prevista para as 18.00 horas da Magdalena e dirixirase a Boiro por Ponte Goiáns e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.