Barbantia, Urutau e o Concello de Ribeira presentarán o novo poemario de Elisabeth Oliveira

04 Setembro 2020

A Asociación Cultural Barbantia, Urutau Editora e a Concellería de Cultura do Concello de Ribeira van organizar a vindeira semana a presentación do libro Náufragas no mar e na terra, da poeta Elisabeth Oliveira. Concretamente, a cita será o venres 11 de setembro ás 20.30 h na sala de conferencias do Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira (rúa Manuel Lustres Rivas, 2º andar).

Intervirán no acto a propia autora, Encarna Pego (Asociación Cultural Barbantia), Antonio Piñeiro (Barbantia) e Mariola Sampedro (concelleira de Cultura). O acto será de asistencia libre (até completar aforo previa inscrición en pastor@barbantia.es) e será obrigatorio o uso de máscara.

Elisabeth Oliveira é unha poeta de orixe portuguesa nacida en Francia e afincada en Galicia. Comezou a súa andaina literaria con Poesis no ano 2016 e agora está a presentar Náufragas no mar e na terra, unha reivindicativa proposta a prol da xustiza, o respecto polas/os demais e a igualdade.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.