Baixan os positivos en Santiago-Barbanza

25 Setembro 2020

Na Área sanitaria Santiago- Barbanza hai 578 casos activos, tinta menos que onte. Suben os hospitalizado que chegan a 33 , tres mais que onte (31 están no Hospital Clínico de Santiago: 5 deles en Unidades de Críticos + 2 no Hospital La Rosaleda). Os pacientes curados son 2.945 e os PCR realizados 69.453.

En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.452 deles 1.109 son da área da Coruña, 630 da de Lugo, 668 da de Ourense, 784 da de Pontevedra, 511 da área de Vigo, 578 da de Santiago, e 172 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 210 en unidades de hospitalización e 4.210 no domicilio.

Polo de agora, en Galicia hai un total de 17.802 persoas curadas, rexistrándose 726 falecementos. O número de PCR realizadas é de 452.649.

En Cambados aaprece un brote nunha empresa avícola cun cento de contaxiados , a metade traballadores e a metade familiares.

Outros artigos

Amicos e CESUGA xuntan forzas en materia sociolaboral

A mañá deste mércores, 11 de febreiro, o Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA) asinou un convenio con Amicos, asociación inclusiva do Barbanza en materia sociolaboral. Segundo coincidiron, este acordo estratéxico permitirá achegar...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.