Baixan os positivos da COVID-19 en Galicia, ata os 223 en 24 horas. Cinco novos mortos elevan a 715 as vitimas

20 Setembro 2020

Na área sanitaria de Santiago-Barbanza rexistra 637 casos activos, nove máis que onte. Hospitalizados hai 30, tres máis que onte no Hospital Clínico de Santiago (4 deles en Unidades de Críticos). Os pacientes curados elevanse a 2.718, realizaronse 65.427 PCR. En Santiago houbo onte 43 novos diagnósticos, un leve incremento dentro dunha tendencia lixeiramente á alza.

En Galicia segundo o parte diario da Consellería de Sanidade as persoas curadas chegaron a 16.758, o que implica que se deu de alta a outros 233 pacientes de COVID-19. En canto aos falecementos, nas últimas 24 horas producíronse outros cinco e o total de vítimas da pandemia ascendeu a 715.

Así, os casos activos de COVID-19 –é dicir, o número de persoas que contan coa enfermidade– reportados este domingo descendeu en 15, polo que o total colócase en 4.350.

Pontevedra mantén o seu perigoso ascenso de casos activos. Son 188 máis en só unha semana. Esta área é a terceira máis afectada de Galicia e de seguir así pronto superará a Lugo.

En concreto, os datos de Sanidade indican que cinco das sete áreas sanitarias da Comunidade rexistran unha subida no número de casos activos.

Outros artigos

Amicos e CESUGA xuntan forzas en materia sociolaboral

A mañá deste mércores, 11 de febreiro, o Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA) asinou un convenio con Amicos, asociación inclusiva do Barbanza en materia sociolaboral. Segundo coincidiron, este acordo estratéxico permitirá achegar...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.