Na área sanitaria Santiago-Barbanza os casos activos baixan a 572, once menos que onte. As altas suman 51 nas últimas 24 horas pero hai 40 novos contaxiados.
Os hospitalizados son 35 (34 no Hospital Clínico de Santiago: 6 deles en Unidades de Críticos + 1 no Hospital La Rosaleda). Os pacientes curados son 3.092 e as PCR realizadas suben a 72.796.
En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.297, deles 977 son da área da Coruña, 539 da de Lugo, 756 da de Ourense, 793 da de Pontevedra, 510 da área de Vigo, 572 da de Santiago, e 150 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 29 están en UCI, 212 en unidades de hospitalización e 4.057 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 18.744 persoas curadas, rexistrándose 736 falecementos. O número de PCR realizadas é de 474.033.