“Atún a cambio de que?. Antón Luaces

07 Setembro 2020

​

Disque houbo intercambio de cotas, unha vez máis, entre Francia e España. Desta vez -non é a primeira- de bonito. España cede bonito, Francia entrega outra especie. Posiblemente, bocarte. E digo “posiblemente”, porque a información que me chega non é oficial, sí oficiosa. 

Sexa como fose, é evidente que os cupos de bonito adxudicados pola Unión Europea ós Estados membros que a integran e teñen frota, foron absolutamente insuficientes. De feito, no Atlántico e no Cantábrico quedan probas sobradas de que as distintas frotas -significadamente as de España, Francia, Irlanda e Holanda- que capturan esa pesqueira non esgotaron o total admisible de capturas dun predador maxestoso que segue a facer das súas -que son as que lle corresponden como especie- devorando ata a extenuación quilos e máis quilos de peixe pequeno, entre este o bocarte que poido ser o que Francia negociou con España en troques do bonito que non chegou para a frota do caladoiro nacional Cantábrico Noroeste.

Agora atopámonos cun feito que poucas veces se da tan nidiamente explicado para comprender que é a cadea trófica: o Ministerio de Agricultura e Pesca cortou de raíz a campaña do bocarte, especie que da de comer a moita xente en España e que serve tamén como prato principal para o bonito ou atún; eses golfiños que son as candorcas (ou orcas) veñen comer atún (ou bonito) a augas nas que non “pescaban” dende hai moitos anos e aínda segue a haber atún no Atlántico. Pero esta situación non foi contemplada polas autoridades pesqueiras da Unión Europea nen, posteriormente, de España. Unha e outra fixeron mal os seus cálculos: a frota boniteira española, practicamente toda ela do País Basco, Cantabria, Asturias e Galicia, víuse na obriga de suspender a captura de túnidos porque, ao parecer, o cupo previsto estaba case que esgotado. Velaí a proba de que non foi así. Segue a haber bonito, as candorcas están dando boa conta dos moitos exemplares que quedaron no Atlántico, e os mariñeiros a velas vir porque,a efectos de Bruxelas, no mar no hay atún: as candorcas aliméntanse do aire. Os “lobis” non actuaron debidamente, e o sector pesqueiro non sabe formular á Unión Europea cales son as realidades  dese inmenso caladoiro no que só “pescan” uns privilexiados.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.