As Escolas Deportivas da Pobra arrincan en outubro

18 Setembro 2020

As Escolas Deportivas da Pobra comezarán a súa andaina en outubro, concretamente o día 5. Así o confirmou este venres a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal, engadindo que a programación formativa para a tempada 2020-2021 virá artellada en dous cuadrimestres e incluirá actividades destinadas a toda a poboación maior de tres anos. O primeiro cuadrimestre estenderase dende 5 de outubro do presente ano ata 19 de xaneiro de 2021, mentres que o segundo será dende 1 de febreiro de 2021 a 31 de maio do mesmo exercicio.

O programa atópase diferenciado en varios apartados. Por unha banda, as escolas deportivas do Concello a través da educación física de base/multideporte e fútbol sala mixto (Chupete, Sub 8, Sub 10 e Sub 12); e pola outra, as escolas deportivas a cargo de entidades locais mediante artes marciais, atletismo, patinaxe artística, remo, tenis, tenis de mesa, xadrez, xogos de mesa/estratexia, tiro con arco e aeromodelismo.

O edil tamén fixo fincapé nas vantaxes postas en xogo para as familias: pola participación de irmás e irmáns aplicarase un desconto do 50% á segunda persoa e será de balde para a terceira. Ademais, os horarios poderanse alterar en función das persoas inscritas nas actividades.

No que respecta ás persoas adultas, ofértase ximnasia de mantemento, pilates, camiñadas + stretching e camiñadas para maiores. De se anotaren en dúas actividades destinadas a persoas que superen os 16 anos, o prezo bimensual de dúas clases será de 30 euros e a terceira sairá gratuíta, agás nas camiñadas para maiores que xa son actualmente de balde.

Todas disciplinas van impartirse seguindo o protocolo e as medidas implantadas por mor da COVID-19.

As persoas interesadas poden solicitar información e inscribirse nas oficinas de Deportes do Concello, situadas na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler, en horario de 09.30 a 14.30 horas, cos teléfonos de contacto 981832590 e 981831545.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.