
Salvamento Marítimo asistiu es tarde en augas do cabo Prior (entrada á ría de Ferrol) ó veleiro “Beatifull dreamer”, con tres tripulantes a bordo: dous finlandeses e un británico. A embarcación serviu para interactuar con ela alomenos dúas candorcas (orcas), que causaron danos no leme (timón) do veleiro. Debido a que o timón quedou danado o njon permitía o seu uso para a navegación, Salvamento Marítimo procedeu ó seu remolque a porto. A tripulación do “Beatifull dreamer” non resultou con danos.
O avistamento de candorcas en augas atlánticas galegas prodúcese dende hai alomenos tres semanas. Pero nesa que se dí interactuación con embarcacións -sempre veleiros en augas galegas, aínda que nas de Cádiz tamén se levaron a cabo con embarcacións tipo “Zodiac”- as máis chamativas foron as realizadas perto da illa de Ons e a escas distancia de Corrubedo hai pouco máis dunha semana.
Fontes da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) desbotan a posibilidade de que se trate de ataques e céntranse na realización do que no ser humano serían xogos infantís por canto o que ata o de agora levan estudado permite que, ao igual que nos casos anteriormente citados, sexan exe,mplares xuvenís -dous en concreto- os que realizan estes contactos co leme (ou timón) das embarcacións que, ao se mover, chaman a súa atención, motivo polo que navegantes oceánicos consultados recomendan que, de estaren próximos a exemplares de candorcas, inmovilicen o timón ata que elas continúen o seu desprazamento.
Alfredo López, biólogo e voceiro do CEMMA, coida que estes dous exemplares mozos de candorca son sempre os mesmos que establecen contacto con embarcacións a vela, o que non significa que non integren unha familia máis ampla que, á vista da abundante presenza de atún nas costas galegas, permanecen nestas para continuar abastecéndose de comida. Estes exemplares non superan os 4 ou 5 metros de lonxitude (os exemplares machos adultos acadan lonxitudes de ata 6 metros e, excepcionalmente, algo máis, pero nunca eses 20 metros dos que algúns mariñeiros, levados pola súa fantasía, calculan.