Arrinca este mes de outubro o programa sonense de vela infantil

28 Setembro 2020
O regatista olímpico Iago López Marra

O Real Club Náutico de Portosín e o Concello de Porto do Son van achegar á rapazada local, de maneira conxunta, un completo programa formativo de navegación a vela. Farano esta tempada (a partir deste mes de outubro) a través da Escola Deportiva de Optimist de Porto do Son, destinado a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 8 e 12 anos. O programa de vela infantil vén apadriñado polo regatista local Iago López Marra (deportista olímpico vencellado ao Club Náutico de Portosín) e ten entre os seus obxectivos tirar proveito “das magníficas condicións que ofrece a ría de Muros e Noia para a navegación en optimist, e non só como actividade vacacional”.

A respecto de todo o devandito, a organización vén da informar das cotas finais da escola, que vén cunha oferta especial para o primeiro mes (que será de balde) e cunha tarifa posterior regular de 38 euros, que inclúe a posta a disposición das e dos novos navegantes de embarcación, chaleco e adestrador.

A actividade ofrece aos seus integrantes a posibilidade de comezar no deporte da vela e pasar a formar parte dos equipos de optimist onde “miles de rapaces en todo o mundo aprenden a coñecer o mar e desenvolver as habilidades técnicas para o manexo das diferentes embarcacións e diferentes situacións”.

Os horarios que se poden escoller son 15.30 a 18.30 horas os venres ou de 11.00 a 14.00 horas os domingos.

Segundo engadiron as entidades organizadoras, a experiencia, malia ser en si mesma unha actividade moi axeitada para garantir a seguridade sanitaria dos participantes (é unha práctica deportiva distanciada en esencia, co engadido extra de desenvolverse ao aire libre e en espazos naturais), virá acompañada de medidas para garantir a saúde e a protección das e dos participantes.

Quen desexe máis información sobre a iniciativa pode chamar ao teléfono 981 766 583.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.