Arrinca a vertente formativa do proxecto boirense de emprendemento e innovación Lab Barbanza

24 Setembro 2020

Este xoves 24 de setembro deu comezo o programa de actividades formativas do proxecto Emprende – Lab Barbanza, que desenvolve o Concello de Boiro, coa colaboración da Asociación Boirense de Empresarios (ABE) e con financiamento da Deputación Provincial da Coruña, co obxectivo de fomentar o emprendemento innovador e colaborativo a nivel local e comarcal. Na apertura institucional participaron o alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o concelleiro de Comercio e Industria, Marcos Fajardo; o presidente da ABE, Daniel García; e o xerente da ABE, Tomás Estévez.

Segundo fixeron saber, o programa Emprende Lab Barbanza busca “impulsar e fortalecer o ecosistema emprendedor actual da comarca do Barbanza, con novas empresas baseadas no talento, a innovación e o rápido crecemento”.

Na mañá deste xoves celebrouse a primeira xornada de actividades de capacitación e adestramento, dirixida a todas as persoas participantes no programa e tiña como obxectivo ofrecer información útil sobre o programa, o cronograma e obxectivos do mesmo, así como dar a coñecer, a outros participantes, todas as propostas emprendedoras que forman parte de Lab Barbanza.

A actividade de estrea realizouse no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira, onde se atopa o Centro Coworking do Concello de Boiro. As persoas participantes no Lab Barbanza coñeceron nesta xornada inicial as instalacións para traballo e formación e recibiron tamén unha charla, de carácter inspiracional sobre o ecosistema emprendedor, de Antonio Casal, o co-fundador e director executivo de empresa tecnolóxica Livetopic, referente actual das startups dixitais da nosa terra, centrada en achegar aos cidadáns, a través dunha innovadora aplicación, métodos e recursos para mellorar a súa situación económica.

Outros artigos

Accidente de tráfico no acceso ao polígono de Espiñeira, en Boiro

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro recibiron unha chamada ao redor das 20:00 horas deste mércores 15 de maio alertando dun accidente de tráfico no acceso ao Polígono de Espiñeira coa estrada AG-11, no concello de Boiro. Á chegada dos bombeiros as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...