Aprobada en pleno a modificación da ordenanza das terrazas en Boiro

11 Setembro 2020

O Concello de Boiro celebrou este xoves 10 de setembro a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de setembro. A sesión contou coa ausencia da concelleira do PSOE, María Outeiral, e, malia que arrincou sen a presenza do concelleiro de IC Boiro, Manuel Velo Velo, este incorporouse ao inicio do segundo punto da orde do día. A sesión comezou coa aprobación da acta do pleno previo e coa aprobación da modificación da execución do orzamento para determinar as subvencións nominativas de 2020.

Tamén se aprobou inicialmente, no transcurso da sesión, o expediente para actualizar a ordenanza para instalación de terrazas no Concello de Boiro (8 votos a favor do PSOE/ BNG/ IC Boiro/ Ciudadanos e 8 abstencións de PP e Boiro Novo). Esta modificación, como lembraremos, veu da man do Concello de Boiro co obxectivo de “dar resposta aos intereses da cidadanía e actividades hostaleiras, así como clarificar os procesos de solicitude, autorización e pago das taxas correspondentes”. Entre as modificacións que se engaden inclúense cambios nos prazos de presentación de solicitudes (segundo as actuais disposicións, todos os hostaleiros teñen que facer a solicitude de instalación no mesmo período, entre o 1 de novembro e o 15 de decembro, mentres que na actual actualización recóllense distintos prazos para os distintos períodos de instalación: todo o ano, período estival ou Semana Santa).

Amais, no pleno aprobouse inicialmente a ordenanza de circulación do Concello de Boiro, a modificación do regulamento do Consello Escolar Municipal (por unanimidade) e mailo convenio de colaboración entre o Ministerio del Interior (a través da Secretaria General de Instituciones Penitenciarias), e o Concello de Boiro para o cumprimento de penas de traballo en beneficio da comunidade (TBC).

Pola contra, denegouse unha moción do grupo municipal do Partido Popular para instar ao Goberno de España a non apropiarse dos recursos das entidades locais.

A maiores, aprobouse unha moción do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego sobre a Lei de Memoria Histórica, outra moción do BNG sobre o protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino para o curso escolar 2020-21 e máis unha proposta de IC Boiro / Grupo Mixto para a substitución de tubaxes en mal estado con amianto (por unanimidade). O grupo IC Boiro tamén presentou unha moción de urxencia relativa a favorecer os trámites para apertura da hostalería de ocio nocturno, que foi aprobada por todas as agrupacións.

A sesión plenaria pode verse completa na canle de YouTube do Concello de Boiro a través dunha ligazón específica.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.