“Anónimos sen rostro”. José Manuel Pena

02 Setembro 2020

Todos andamos pola corda frouxa das circunstancias, por iso é moi fácil caer nunha situación de exclusión social, que nos deixa
como único patrimonio, nalgúns casos nin iso, a propia dignidade e a experiencia da vida. En España hai máis de trinta mil persoas sen fogar, que viven practicamente na rúa, en Francia
son un duascentas mil, en Alemaña medio millón …, que medidas
adoptan os diferentes gobernos europeos, e a propia Unión
Europea, vangloriándose da Europa Social e a “sociedade do lecer
e do consumo”, permitindo estas situacións denigrantes e
inxustas de marxinación e exclusión social?, desde logo #ante tal
evidencia, non o suficiente.
A impotencia para tourear as arremetidas da vida e afrontar a
permanente e enfermiza “adoración” ao diñeiro, a carencia de recursos
básicos ou a propia sociedade, demasiado individualista, leva
a moitas persoas para caer no máis profundo da miseria
humana: a vulnerabilidade, a marxinación, a exclusión social, a
depresión e mesmo o suicidio. O peor é que a maioría destas
persoas senten culpables, no canto de vítimas. Quizais ese sentimento
inventouse, desde a propia sociedade moderna, para evitar o superávit de triunfadores e o pozo sen fondo dos denominados como “fracasados”.
Nos últimos tempos vemos, con tristeza, rabia contida e
impotencia, como crece o número dos desherdados que carecen
de teito e do mínimo para subsistir. Que fan os poderes
públicos, con soldos millonarios, suntuosos patrimonios, portas
giratorias, empregos vitalicios …, para garantir un posto de traballo
digno, un salario social ou unha renda básica universal e
o acceso real e xusto a unha vivenda digna, para todos os seus
cidadáns?.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.