A Valedora do Pobo logra a suspensión do desafiuzamento dunha familia da Pobra

A Plataforma “Stop Desafiuzamentos” Barbanza quer resaltar o esforzo efectuado por parte dos responsables da oficina da Valedora do Pobo en relación a unha familia da Pobra do caramiñal afectada por unha execución financeira de ABANCA, tramitada perante o xulgado número 2 de Ribeira e que tiña unha sinalización para o desafiuzamento este próximo xoves, día 24 de setembro.

Grazas á mediación da oficina da Valedora do Pobo conseguiuse que ABANCA acceda á suspensión do lanzamento e o seu compromiso para analizar a viabilidade para a concesión dun futuro aluguer social para a familia e que poidan seguir na vivenda habitual.

Oficina de Abanca na Pobra