A USC contabiliza 14 positivos, 13 deles entre estudantes. Non hai aulas pechadas

28 Setembro 2020

Nunha semana de curso 13 estudantes da Universidade de Santiago deron positivo. É unha porcentaxe do 0,05% xa que a USC tiña o curso pasado máis de 25.000 alumnos matriculados e, ademais, non hai ningún brote.

A área sanitaria de Santiago- Barbanza sube en seis casos e chega ós 583 positivos. Hai 36 hospitalizados (35 Hospital Clínico de Santiago: 6 deles en Unidades de Críticos + 1 no Hospital La Rosaleda). Pacientes curados: 3.041.
PCR realizadas: 72.249

Respecto a Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.353, deles 999 son da área da Coruña, 552 da de Lugo, 743 da de Ourense, 811 da de Pontevedra, 512 da área de Vigo, 583 da de Santiago, e 153 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 210 en unidades de hospitalización e 4.111 no domicilio.

Polo de agora, en Galicia hai un total de 18.534 persoas curadas, rexistrándose 731 falecementos. A última persoa falecida nun centro hospitalario foi un varón de 61 anos, que estaba ingresado no HULA, e presentaba patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 469.694.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.