Axentes da Policía Nacional adscritos á comisaría de Ribeira, procederon, durante a pasada fin de semana, á detención de dous homes como presuntos autores de senllos delitos contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de drogas.
En primeiro lugar, no marco dun dispositivo establecido para a prevención do tráfico de drogas na localidade de Ribeira, os axentes participantes no mesmo procederon á interceptación e identificación dun home , localizándolle entre as súas pertenzas, 19 bolsitas termoselladas que contiñan no seu interior uns 14 gramos de cocaína, varias carteiras que contiñan 52 gramos de hachish, diñeiro en efectivo e un teléfono móbil, procedendo á súa detención. O detido é veciño de Ribeira, de 55 anos de idade e cónstanlle diversos antecedentes.
Por outra banda, posteriormente, no marco doutro dispositivo similar ao anterior, nunha zona onde se tiña coñecemento de que se trapicheaba con drogas, axentes da Comisaría, procederon á identificación e cacheo dun home, localizándolle entre as súas pertenzas varios anacos de hachish dispostos para a súa venda, que arroxaron un peso de 14 gramos, 170 euros en efectivo en billetes de diverso valor, e un teléfono móbil, procedendo á súa detención.
O detido é veciño de Ribeira, de 23 anos, constándolle diversos antecedentes. Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, dáse conta de todo o actuado ao Xulgado de Instrución de Garda, poñendo aos detidos á súa disposición.
Con estas dúas detencións, danse por desarticulados dous puntos de venda
de drogas na cidade.
