A morte dunha muller pola COVID-19 eleva a 686 os falecementos en Galicia, cinco novos este domingo

13 Setembro 2020

A morte dunha muller de 95 anos diagnosticada de COVID-19 no Hospital Polusa, en Lugo, elevou a 686 o cómputo total de vítimas que deixa a pandemia do coronavirus en Galicia.

O falecemento nas últimas horas desta nonaxenaria, que contaba con patoloxías previas supón o quinto notificado na xornada deste domingo. Previamente, informouse doutras catro mortes. Tres delas rexistráronse no Hospital Lucus Augusti de Lugo ( HULA): unha muller de 82 anos procedente da residencia DomusVi Lugo, en Outeiro de Rei; un home de 77 anos usuario do xeriátrico do Incio; e unha muller de 87 que non tiña vinculación con ningún centro.

Ademais, Sanidade notificou a morte dunha muller de 95 anos que permanecía ingresada con coronavirus no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo ( Chuvi). Desde o comezo da ‘nova normalidade’, o número de pacientes falecidos coa enfermidade en Galicia é de 67 persoas, tras a morte dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade encadeara case dous meses –desde o 10 de xuño– sen decesos relacionados co coronavirus.

O maior balance de falecidos dos últimos meses notificouse o pasado mércores, cando Sanidade informou dun total de sete. A última vez que se superou esta cifra foi o pasado 5 de maio, con nove decesos.

A área sanitaria de Santiago-Barbanza rexistra 670 positivos, nove menos que onte. O número de hospitalizados sube en cinco e son xa 33 no Clínico, dous deles en críticos. O número de paciente curados elevase a 2.393 e realizaronse 69.372 PCRs.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendocertezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dandofe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo...

“Therians”. Xulio Xiz

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.