A sorte recaeu nesta ocasión en Boiro, onde a lotería nacional deste xoves deixou 210.000 euros. Foi un primeiro premio que caeu, concretamente, na administración de loterías Bocacho de Ouro. Onte, o seu responsable, Carlos Vázquez, confirmaba que, efectivamente, repartira o premio principal do sorteo da lotería nacional, agraciado con 30.000 euros ao décimo. Ao despacho chegaron dez boletos, e vendéronse sete. Pola mañá ningún agraciado pasara por portelo para celebrar a súa boa sorte, pero el cre que o máis probable é que os afortunados sexan veciños de Boiro.
Centos de ex colexiais do Colexio Maior San Clemente urxen a súa rehabilitación e reapertura
O manifesto ‘Salvar San Clemente’ reclama ás administracións públicas que garantan o financiamento necesario “Reabrir San Clemente non é só un imperativo patrimonial ou de seguridade pública. Trátase dunha urxencia social de primeira orde ante a grave emerxencia...



