“A illa das mentiras” participa este luns no Festival de Cine de San Sebastián o estreno en cines será o 2 de outubro

A cinta “A Illa das mentiras” na súa versión en caastelán participa este luns na sección “Made in Spain” do Festival de Cine de San Sebastián que chega a súa 68 edición. A proxección farase en dous pases o luns e martes.

A película, tal como publicamos en O Barbanza, foi estrenada en Arxentina o pasado 14 de maio na plataforma online do “Instituto Nacional de Cine e Artes Cinematográficos” de Argentina “. Durante o seu primeiro mes de proxección foi a película máis descargada con máis de 70.000 visualizacións.

En España estrenouse o pasado 24 de xullo na plataforma Filmin.es, a canle online máis prestixiosa do cinema independente de cantas teñen presenza no ámbito estatal.  

Trailer oficial da película “A illa das mentiras”

A película “A Illa das mentiras” dirixida por Paula Cons, utiliza como base do seu argumento o naufraxio do vapor-correo Santa Isabel acontecido o 2 de xanero do 1921 e do que se van cumprir 100 anos. Neste tráxico suceso morreron 213 persoas e salvaronse 53.

Aínda que arranca en Sálvora durante o naufraxio, o argumento é unha ficción novelada que non narra os feitos reais do acontecido aínda que os usa como referencia.

Promo de estreno da película “La Isla de las Mentiras” en la plataforma “Cine.Ar”

A película desenvolve a acción da historia na Illa de Sálvora, aínda que está gravada en Muros, O Grove, Santiago, Arzúa e Oza dos Rios amais de en Ribeira. Trátase dunha historia escrita pola directora da película Paula Cons. O film conta con Nerea Barros, Dario Grandinetti e Aitor Luna como actriz e actores principais.

Precisamente este pasado 1 de marzo fixo un ano que se presentou no Museo Municipal de Ribeira o proxecto da grabación da película que se iniciaría tres dias despois baixo o título inicial de “Santa Isabel” si ben posteriormente cambiouselle o nome.

Presentación do inicio da rodaxe da película hai un ano no Museo Municipal de Ribeira. Foto Joferpa