A Escola de Música da Pobra brinda á rapazada un amplo programa de formación

30 Setembro 2020

A Asociación Cultural ESMU A Pobra, coa colaboración da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal e Organistrum, organiza para o curso 2020/2021 a Escola de Música da Pobra cunha ampla proposta de formación musical. Entre as clases que se ofertan figura a iniciación musical infantil (3, 4 e 5 anos), formación instrumental individual (saxo, frauta, clarinete, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, violoncello, piano, piano complementario, guitarra, baixo eléctrico, ukelele, percusión e batería), linguaxe musical, linguaxe musical para persoas adultas, harmonía clásica, harmonía moderna, banda xuvenil, grupos de cámara, combos (jazz, funck e rock) e ensemble de percusión.

O Concello explicou que a matrícula xa está aberta e pódese realizar de xeito telemático ou presencial. No caso de elixir esta última opción, será preciso solicitar unha cita previa sempre chamando antes aos teléfonos de contacto 636 342 485 ou 616 901 276, nos cales as persoas interesadas tamén poden solicitar máis información. As aulas desenvolveranse na casa da cultura Raquel Fernández Soler e o custo depende do número de materias que se escollan e de cales sexan esas disciplinas.

Tódalas clases se impartirán seguindo os protocolos de seguridade por mor da COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.