A DXT desenvolve desde o luns unha campaña de vixilancia contra as distraccións ao volante, causante nun de cada catro accidentes en Galicia en 2019

13 Setembro 2020

A Dirección Xeral de Tráfico comezará o vindeiro luns unha campaña especial de vixilancia contra as distraccións ao volante en Galicia. Ao longo da semana, axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán os controis deste tipo nas estradas galegas, con especial atención ás vías convencionais.

Para o desenvolvemento da campaña, que estará coordinada polas xefaturas provinciais de tráfico, utilizaranse o máximo número de medios humanos e materiais dispoñibles. Ademais, sempre que sexa posible, advertirase aos condutores da existencia próxima de controis, tanto a través dos paneis de sinalización variable como das pantallas alfanuméricas dos vehículos da Agrupación de Tráfico situadas nas inmediacións.

As distraccións na condución prodúcense cando algún suceso, actividade, obxecto ou persoa, dentro ou fóra do vehículo, captan a atención do condutor e desvíana da tarefa de conducir. É fundamental que o condutor centre toda a súa atención na tarefa de conducir. De feito, segundo os datos da Dirección Xeral de Tráfico, as distraccións ao volante concorreron no 25,19% dos accidentes que se produciron nas estradas de Galicia en 2019. A maioría das desatencións ao volante teñen como orixe o uso indebido de teléfonos móbiles, navegadores GPS ou outros dispositivos.

Neste sentido, é importante destacar que o uso do teléfono móbil multiplica por catro o risco de accidente equiparándoo ao de facelo baixo os efectos do alcol.

SANCIÓNS

Na mesma campaña do ano pasado, realizada tamén en setembro, a Agrupación de Tráfico da Garda Civil controlou 35.326 vehículos nas estradas galegas, e impuxo 417 sancións, das que 101 foron por uso indebido do móbil. Convén lembrar que as distraccións poden carrexar sancións de 200 euros e perda de tres puntos no carné.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.