A dinamización do parque empresarial de Rianxo unha das prioridades de “Chan Empresarial do Atlántico”

22 Setembro 2020

A xerente de “Chan Empresarial do Atlántico”, Beatriz Sestayo, desprazouse
este martes a Rianxo , para analizar, xunto co alcalde, Adolfo Muíños, novos proxectos de desenvolvemento socioeconómico e creación de emprego, ante o interese que suscitou en distintos ámbitos empresariais.

Con este obxectivo, Beatriz Sestayo e Adolfo Muíños tamén visitaron o
polígono, que proximamente sumará unha nova empresa, tras a venda en agosto dunha parcela de 1.152 metros cadrados.
A dinamización do parque empresarial de Rianxo é unha das prioridades de “Chan Empresarial do Atlántico”, segundo transmitiu Beatriz Sestayo,
que no transcurso da visita informou ao rexedor “do interese que está
a suscitar no ámbito empresarial, #ante a súa excelente localización e as
oportunidades de negocio que expón”.
No caso concreto de Rianxo “SEXA” bonifica o 10% do prezo establecido de venda de parcelas no caso de que se adquiran máis de 6.000 metros cadrados de superficie. Na actualidade, Rianxo conta con 16 empresas, entre as que se atopan Cortizo, Transagonza, Proafer, Metais Taragoña, A
Cambra ou Talleres Milocho.

Situado nun municipio eminentemente costeiro, o polígono de Rianxo conta cunha superficie bruta de 317.728 metros cadrados e neta de 200.156, e con excelentes comunicacións a través da Autovía do Barbanza (AG-56), a Autoestrada da Atlántico AP-9 e a N-550.

Beatriz Sestayo e Adolfo Muíños visitaron o
polígono

CHAN EMPRESARIAL DO ATLÁNTICO
Chan Empresarial do Atlántico xestiona 13 parques empresariais en Galicia,
que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, situados nas provincias de Lugo –Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade—, da Coruña –Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e
Rianxo—e de Pontevedra –Vilanova de Arousa e Catoira- e nos que se asintan máis dun centenar de empresas.
Chan Empresarial do Atlántico, S.L., S. M.E., é unha sociedade participada nun 83,44% polo Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, a través de Sepes; nun 14,26% pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo; nun 1,65% por ABANCA e un 0,65% pola Xunta, e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.