A Deputación inviste preto de 800.000 € para o mantemento de centros de servizos sociais, entre eles AMICOS do Barbanza

17 Setembro 2020

A Deputación da Coruña inviste 783.615,49 euros para o mantemento de centros de servizos sociais da provincia ao longo deste ano.

O ente provincial acaba de publicar no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a listaxe provisional das entidades sen fins de lucro beneficiarias destas axudas. Un total de 47 asociacións da provincia contarán con estas subvencións para o mantemento dos seus centros. As contías outorgadas oscilan entre un mínimo de 5.171,13 euros e un máximo de 25.000 euros.

1,6 millóns para apoiar a entidades sociais

Centros de rehabilitación psicosocial e laboral, ocupacionais, de acollida, de inclusión social, de menores e vivendas comunitarias son algunhas das instalacións que se manteñen a través deste programa provincial, que complementa ao programa de actividades para actividades no eido dos servicios sociais recentemente aprobado, no que a Deputación inviste outros 800.000 euros e que chega a 60 entidades da provincia. En total, a área de Benestar Social que dirixe a deputada Ana Lamas vén de conceder máis dun centenar de subvencións a outras tantas entidades sen ánimo de lucro da provincia, cun investimento total de 1,6 millóns de euros.

“Mellorar a calidade de vida das persoas é un dos obxectivos da Deputación, por este motivo convocamos estas axudas das que se benefician miles de persoascon diversidade funcional, adiccións ou en risco de exclusión social, así como colectivos vulnerables, como menores de idade ou persoas maiores”, indicou Ana Lamas, que destacou “a gran labor social” que desenvolven estas entidades.

Ligazón ao BOP: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/09/17/2020_0000006449.pdf

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.