A Deputación destina 633.000 euros para apoiar a 188 clubs e entidades deportivas da provincia

28 Setembro 2020

A Deputación da Coruña destina este ano máis de 633.000 euros para apoiar a 188 clubs e entidades da provincia no fomento de actividades deportivas e na mellora das súas infraestruturas e equipamentos.

O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar a concesión definitiva destas dúas liñas de subvencións que, por unha banda, permitirán apoiar a 111 clubs e entidades sen ánimo de lucro na realización de actividades e axudarán a outras 77 asociacións deportivas na construción de novas infraestruturas,  mellora das existentes e adquisición de novos equipamentos para a práctica do deporte.

A deputada responsable da área de Deportes, Cristina Capelán, destacou a importancia de ambos programas “para promover o deporte de base na provincia, especialmente entre os escolares, onde se forman as futuras xeracións de deportistas, e atender as necesidades dos clubs e entidades, dotándoas dos medios adecuados para permitirlles desenvolver a súa actividade”

Coa liña de subvencións para infraestruturas e equipamento, a Deputación colabora coas entidades en cuestións que van dende a adquisión de material de adestramento e competición até a compra de embarcacións e vehículos, pasando por obras de rehabilitación e reforma de instalacións deportivas. As axudas oscilan entre os 1.400 e os 7.500 euros.

A liña de apoio á realización de actividades, con axudas entre 1.000 e 7.000 euros, destínanse ao fomento de todas as disciplinas deportivas, desde fútbol, baloncesto ou atletismo a taekwondo, deportes náuticos, tenis de mesa ou pesca deportiva.

Parte destas axudas están especialmente adaptadas á promoción do deporte adaptado entre colectivos con diversidade funcional, á recuperación de deportes tradicionais e á programación de actividades deportivas extrescolares por parte das ANPAS.

LISTAXE DAS SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS

Axudas para actividades: Listado

Axudas para infraestruturas e equipamento: Listado

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.