“A conquista de espazo”. Antón Luaces

09 Setembro 2020

Este mércores foi entregado á Autoridade Portuaria da Coruña un novo espazo gañado ao mar no porto exterior de Punta Langosteira. Trátase dun novo peirao de 350 metros de longo e una explanada de 40.000 metros cadrados, co que se conforma unha liña de atraque contínua de 1.560 metros, con calados que chegan ós 21,85 metros. 
Dende a súa entrada en servizo, Punta Langosteira -ubicada no concello de Arteixo- acadou os 10,4 millóns de toneladas de mercadorías cargadas e descargadas, cifra que, nen moito menos, sería a resposta máis axeitada a un investimento económico de perto de 900 millóns de euros realizado só nas obras de construción do porto.

Dado este investimento máis que significativo e o escaso rendemento que se tira del, hai sen embargo o que se podería cualificar de intanxibles -que non son tal na realidade- que deberían contar tamén á hora de facer contas. Porque se ben algunhas das grandes empresas e negocios que se dixera -tanto por parte da Xunta como pola da propia Autoridade Portuaria coruñesa- que ían dispor de espazos e actividade propia nese Porto Exterior, o certo é que son ata o de agora mínimas as respostas e que a entidade portuaria non é quen de pór remate ós gatos xerados por unha obras que non dan rematadas nen se albisca cando poden rematar.
Pero, iso sí, en Punta Langosteira están a producirse fenómenos cos que nunca se contou  nen antes, nen durante, nen dempois das obras: Langosteira e o seu porto exterior rivalizan con zonas percebeiras recoñecidas mundialmente, como son as do Roncudo, cabo Ortegal, Aguiño, cabo Silleiro, Cedeira, etc.

Homenaxe o percebe en Aguiño

Sí, os percebes que se crían nos grandes bloques de cemento que conforman os rompeondas dos peiraos son excelentes. É a versión do que acontece na zona, relatada polos propios mariñeiros que agora faenan alí e ós que xa comezan a poñer pegas os servizos de vixilancia da Autoridade Portuaria, que non queremn velos por alí. Son os mesmos mariñeiros que, dende a súas embarcacións, controlan a incesante actividade depredadora de inmensas mandas de atúns dun peso aproximado de entre 400 e 500 quilos por unidade que ninguén pode capturar porque, neste momento, é unha especie vedada pola Secretaría General de Pesca.
É dicir: diñeiro público investido nas obras de construción dun porto exterior cuxo rendemento económico nen moito menos se corresponde co esforzo inversor dedicado a tales obras e, por outra banda, cando se pode extraer dese Porto Lento Comecartos un beneficio natural, non se autoriza a extracción de percebe nen a captura de atún por unha ou outra circunstancia. 
Como se pode comprobar, na conquista do espazo sempre gañan os engadidos.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.