A comunidade estudante de Ribeira xa pode solicitar os bonos bus para desprazarse aos campus galegos

21 Setembro 2020

O Concello de Ribeira informou de que as e os estudantes que o desexen xa poden solicitar cadanseu bonos bus para desprazarse ás cidades universitarias galegas. Como requirimentos desta iniciativa de descontos para estudantes de campus galegos e de ciclos formativos, deberán estar empadroadas ou empadroados en Ribeira e cursar ensinanza oficial regrada que non se poida estudar no municipio. Os destinos son Santiago, Lugo, A Coruña, Ferrol, Ourense, Pontevedra e Vigo:

Os talonarios de viaxes retiraranse nas respectivas empresas previa presentación da autorización previa expedida polo Concello.

Para solicitar o desconto cómpre enviar un correo a normalizacion@ribeira.gal incorporando unha solicitude cuberta que se pode descargar da páxina web www.ribeira.gal, ademais dunha copia da matrícula do curso 2020-2021 e unha copia do DNI.

A xeito de aviso, o Concello recorda que quen o curso pasado tivera mercado bonos bus de Arriva e aínda teña viaxes por gastar, debe reclamalos á empresa para que as viaxes fiquen ao seu dispor ata decembro. A reclamación pode facerse a través da web de Arriva; unha vez nesta páxina principal prémese en Tarxetas COVID (unha lapela vermella) e cúbrese e envíase o formulario. Quen aínda teña viaxes non debe solicitar de novo o desconto do Concello ata que estea a piques de rematalas. Para calquera dúbida, escribir a normalizacion@ribeira.gal.

Outros artigos

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.