A ANPA do CEIP de Palmeira esixe un aprazamento no inicio das clases polos “serios problemas de seguridade” do centro

08 Setembro 2020

A Asociación de Nais e Pais do CEIP de Palmeira vén de emitir un comunicado de protesta polo estado no que se atopa o centro educativo, un estado que a ANPA cualifica de “terrible situación” por mor dos traballos de acondicionamento e reparación que se están a desenvolver nas súas dependencias.

Segundo fai saber o colectivo de nais e pais, as obras que se realizan para acondicionar o colexio “resultan aínda máis perigosas para as nosas fillas e fillos que a propia COVID”. A ANPA engade que lle resulta “inadmisible” que se teña que volver ás clases esta semana, malia o estado no que se atopa o centro.

A asociación lembra que a Consellería de Educación negouse a aprazar a data do inicio, unha petición emitida pola dirección do CEIP, preocupada polo estado das instalacións, pois “non pode garantir un entorno seguro para o alumnado, e que a Consellería insiste en rexeitar”, explica a ANPA nun comunicado.

Segundo fan saber as nais e os pais, os docentes tamén expresaron a súa inquietude pola “imposibilidade de facer o seu traballo, pois non poden ni sequera poñer mesas nas aulas (sexa á distancia que sexa)”.

O colectivo, como representante dos pais e nais do alumnado do Colexio de Palmeira, recordan no comunicado que “non pode permitir que os escolares entren no recinto nas actuacións condicións nas que se atopa”.

A xunta directiva da ANPA enviou unha carta á Consellería manifestando a súa negativa de levar aos nenos a “un colexio con serios problemas para garantir a súa seguridade”. Polo tanto, solicitan un aprazamento “ata que as obras rematen e sexa posible facer uso das instalación e a aplicación dos protocolos COVID aprobados polo centro escolar”.

Outros artigos

Ribeira renova a súa distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación

Ribeira é unha das 17 cidades Innpulso que renova a súa distinción de Cidade da Ciencia e a Innovación por apostar por políticas locais innovadoras nos seus territorios. No caso ribeirense, o galardón atópase na categoría de municipios de 20.001 a 100.000 habitantes;...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.