“Xogar con cartas marcadas. Por Antón Luaces

09 Agosto 2020

Que a plataforma continental española é sumamente reducida, o que inflúe nas posibilidades de pesca do Estado español, é algo que a ninguén se lle agocha. Condicionada no Cantábrico polo reparto de augas con Reino Unido e Francia, e no sur con Marrocos, non ten o Goberno español medios que lle permitan aplicar medidas que  noutros países -Francia, por exemplo- non só resultan posibles se non que van ser, moi probablemente, de aplicación en breve tempo e de non variar o previsto para a explotación dos fondos mariños e poñer en práctica actividades de mineiría sumamente beneficiosas para os países con capacidade de ampliar esa plataforma. 

Plataforma continental 

Francia vai estender a súa plataforma continental fora das illas de Reunión e Saint-Paul e Amsterdam (terras francesas do Sur e a Antártida) para ampliar o seu dominio mariño en más de 150.000 quilómetros cadrados (58.121 fóra de Reunión e 93.202 fóra de Saint-Paul e Amsterdam), o equivalente a máis dunha cuarta parte da zona de Francia.
Esta nova extensión, autorizada pola Comisión de Límites da Plataforma Continental, organismo especializado das Nacións Unuidas, aumenta os dereitos do país galo  para explorar e explotar os recursos do fondo mariño e o subsolo (hidrocarburos, minerais, metais e recursos biolóxicos) más aló de 200 millas náuticas (350 quilómetros) e ata 650 quilómetros da súa costa.  So atinxen estas posibilidades ao solo e o subsolo. As augas restantes, pola sua banda, ao dominio internacional. 
A ampliación outorga a Francia novas posibilidades para explotar os recursos submariños. Máis tamén é unha oportunidade para descubrir e protexer unha biodiversidade polo de agora pouco coñecida. Segundo o instituto francés para a explotación mariña IFREMER, que participou no procedemento, “a operación non está na axenda. Teña en conta, sen embargo, que Francia leva anos realizando estudos sobre os recursos potenciais que podería conter o fondo mariño”.
Francia aínda pode reclamar arredor de 500.000 quilómetros cadrados de plataforma continental en base ós arquivos que Nacións Unidas examina ou aínda pode examinar.
Formulacións deste carácter poderían facer variar substancialmente as reclamacións presentadas por Marrocos sobre a súa soberanía territorial submariña das Illas Canarias e, deste xeito, ampliar tamén a su plataforma continental.

Outros artigos

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

Me siento plácidamente en una butaca y más que soñar me pongo a mirar atrás, muchos años atrás, años vivido en una infancia llena de necesidades, pero pletórica de imaginación. Y sin llorar me pongo a recordar, aquellos barquillos en forma de cono o planos que en...

+

“Facer cola”. Xulio Xiz

A venda de lotería polo Nadal provoca colas que se ata hai pouco se formaban os días previos ao sorteo agora, igual ca todas as celebracións, se amplían de maneira que xa hai que facelas para mercar un boleto que pode facernos ricos, de paso...

+

“El tiempo de la lluvia”. Alberto Barciela

Llueve. El agua acaricia la tierra como una bendición, propiciando un ciclo natural que hace posible la vida. Sitibundos de buenas noticias, necesitados de regular ansiedades, secos de clima, áridos de carácter, muchos incluso desérticos de compañía, nos abrazamos a...

+

“O que non quedou na aldea, foise na alma”- Antón Luaces

Dicir hoxe en día que Galicia é terra de migrantes é algo que non ten a máis mínima discusión. Consecuencia desta emigración foron as doazóns procedentes de xeito maioritario de países como Cuba, Arxentina, Uruguai, USA, México, Chile, etc., onde foron vivir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Andrés do Barro, en el recuerdo”. Manuel Dominguez

“Andrés do Barro, en el recuerdo”. Manuel Dominguez

Este mes Andrés cumpliría 76 años. Andrés de alma gallega, logro caso único hasta hoy tener 4 discos en gallego, que fueron cuatro números uno. Realizo una película con Concha Velasco, fallecida recientemente. En aquella época en que el idioma gallego estaba...

“E van tres: agora, Podemos”. Antón Luaces

“E van tres: agora, Podemos”. Antón Luaces

Foron tempos de esperanza para moitos cidadáns españois. E en todos os casos, afogaron na orela. Na España democrática non teñen cabida os experimentos, a teor do acontecido cos intentos levados a cabo tanto no contexto nacional coma  no autonómico.   Desta...