“Vivir do conto”. Por Antón Luaces

24 Agosto 2020

Non é esta a primeira vez -e desgraciadamente tampouco será a última- que nos ocupamos aquí da función e a necesidade da existencia de reservas mariñas. Galicia tiña -descoñezo xa entre tantas ” reviravoltas” se aínda ten- unha reserva mariña en augas de Lira (Carnota) que se proxectaba estender ata as inmediacións do cabo Fisterra -algo que non se fixo-, que se expuxo en augas de Cedeira -que satisfixo inicialmente aos profesionais de péscaa pero que a ninguén, salvo honrosas excepcións, convenceu- e que, cun mínimo de axuda, ampliaríase aínda máis na área de Burela.

Foi un “xogo revolto”, como no caso dos dos nenos. Foi un ” falar por non estaren calados”. Foi un querer saír na foto ou un facerse ver polo “que dirán”, porque o certo é que non só non houbo ampliacións territoriais senón que o pouco que se logrou en Lira comeullo o diaño e os primeiros pasos dados en augas cedeirenses foise “polo mar abaixo”. Moito desexo de mellorar, moi boas palabras por parte da Consellería do Mar, para ao final producirse esporádicas entradas de barcos non autorizados na reserva, exporse a insuficiencia económica -a Xunta non contribuíu na medida que se acordou- e todos os bos desexos quedaron nun van intento de reportaxe videográfico e algunha que outra referencia nos medios escritos. Galicia non está polo labor, non quere reservas mariñas, opta pola pesca olímpica e o sálvese quen poida.

Esta é a pura realidade. Aqui podiamos contribuír decisivamente ao fomento desas reservas para que estas constituísense co tempo na verdadeira fonte nutricia ou subministradora para rexenerar especies e que estas puidesen ser capturadas nun sistema de coxestión que podería dar os seus bos resultados; pero vese que o noso é máis a dinamita, a nocturnidade e o escalo para gañar un diñeiro fácil que logo gastaremos na adwuicisión de aparatosos coches de última xeración cos que desprazarnos cen metros -desde a casa ao porto e do porto á casa- para demostrar á veciñanza que somos o ” number one” da sardiña, do xurelo, da xarda, do bonito e, se é posible, da anchoa. Todo iso para, definitivamente, roubarse os uns aos outros en materia de topes e de descargas ilegais.

En España existen actualmente un total de once reservas mariñas que integran a rede nacional. Oito destas reservas están en augas andaluzas e as tres restantes en augas canarias. En próximas datas concretarase a número doce; pero teña por seguro, lector, que non será galega. A pesar de que, oficialmente, todos recoñecemos que a reserva mariña é un exemplo de xestión adecuada para a conservación e rexeneración das especies de peixes da nosa escasa plataforma continental.

Pois nada, que todo continúe como ata o de agora. Os meus netos comerán pescado de acuicultura. É o que nos merecemos.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.