“Virar o aparello”. Por Antón Luaces

16 Agosto 2020

O señor Ciprián Carballeira era toda unha institución no barrio do Peirao ou Peiral, en Riveira. Un día si e outro tamén, arranchaba a súa dorna -sempre varada na praia de Colomer (xa desaparecida), a proa desafiante cara a Ínsua, ben asentada nas escoras- permanentemente limpa e disposta para poñer rumbo á boca da ría de Arousa. Se non me falla a memoria, Tucho e Ciprián, dous homes barís sempre dispostos para o traballo, eran os seus fillos, ao igual que o pai grandes mariñeiros. Todos eles comezaron a “andar ao mar” de moi nenos, como posiblemente acontecera co avó. A súa formación, como me ten comentado Tucho (Antucho) -que deixou a pesca de baixura para percurar mellores acomodos e medios de vida noutros eidos da mercante en augas de Holanda- foi, en primeira instancia a inherente á dorna e as pesqueiras que con esta sepoden facer (que non son poucas). Aprender de cada hora, cada día no mar máis ou menos preto da costa; aprender do mar e do vento, recoñecer as marcas para o retorno ao faro da Ïnsua e de aquí, á praia de Colomer. E, para “ir tirando” na vida, saber ler e escribir e ter unha certa soltura nas catro reglas para nomn enganar nin que te enganen. Saber de mar para andar ou navegar nel. E así un día e máis outro. Como os Carballeira, centos de mariñeiros de Riveira, que deron  remuda ós seus maiores. Unha remuda que chega agora para os maiores de 16 anos que teñan ou non experiencia no sector pesqueiro, con ou sen título relacionado co oficio. Son, ou tentan que sexan, o relevo xeracional que non da chegado. O Relevo 2020, unha iniciativa de formación pesqueira que promoven, xuntamente coa Xunta de Galicia, cinco Grupos de Acción Social do Sector Pesqueiro (GALP): os da Mariña-Ortegal, Ártabro Norte. Ártabro Sur, Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia Costa Sostible, e Ría de Arousa.

Un programa que pretende a remuda ou relevo xeracional no sector pesqueiro a través da formación de xoves mediante o mellor coñecemento dos recursos dos territorios.

O programa percura espazos de intercambio en relación co sector pesqueiro para os xoves da zona que teñan obxectivos comúns e moito que aportar no desenvolvemento territorial, apoiando ao sector da pesca dende unha oferta profesional que manteña o motor da economía. Deste xeito crearase emprego  e apoio á empregabilidade preservando os recursos e áreas costeiras, ao tempo que se  loita contra o cambio climático.

A actividade destes que, sen dúbida, poden aportar esa remuda ou relevo xeracional terálugar entre os meses de setembro de 2020 e abril de 2021, en edicións trimestrais (setembro-decembro de 2020) o primeiro e (de xaneiro a abril de 2021) no segundo trimestre.

É ben seguro que o señor Ciprián Carballeira, de seguir vivo, apoiaría esta iniciativa que, de ir avante, pode producir ese tan desexado relevo que para os armadores nunca chega e que para as novas xeracións de titulados marítimo-pesqueiros nunca -ou en contadas ocasións- lles outorga o que o seu título prevé.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

Me duele lo que escribo. Tal vez difícil de entender. Hay dos tipos de plumas, las plumas biológicas y las plumas de escritura. Las plumas biológicas, las hay de Pavo Real y de buitre carroñero. La pluma estilográfica es, didáctica, limpia y clara, un verbo...

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

Agora que se fala na UE da "guerra híbrida" protagonizada por Rusia en contra de Alemaña, o que levou á propia Unión Europea a empregar ese calificativo para condenar a mistura de ciberataques, sabotaxes económicas, presións diplomáticas e campañas masivas de ...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.