Unha nova vitima eleva a cinco os mortos durante a fin de semana da COVID-19 en Galicia

30 Agosto 2020

Os falecidos soben a 641 en Galicia tras a morte dunha muller de 93 anos, contaxiada no brote do Incio.
Trátase dunha muller que permanecía ingresada no Hospital Universitario Lucus Augusti ( HULA) que faleceu este domingo, polo que a cifra de mortes vinculadas coa pandemia durantea fin de semana chega a 5 na Comunidade.

Fontes dos departamentos de Sanidade e Política Social confirmaron que a muller, con patoloxías previas, procedía da residencia do Incio, que foi intervida pola Xunta tras detectarse un numeroso brote, que afecta na actualidade a 117 persoas –90 usuarios e 27 traballadores–.

En concreto, trátase da sexta vítima mortal vinculada co brote rexistrado neste centro, tras a morte o sábado dunha muller de 83 anos que estaba tamén ingresada no HULA.

Ao longo desta fin de semana notificáronse un total de cinco falecementos de persoas diagnosticadas coa COVID-19, tres deles o sábado e dous máis este domingo.

Na área sanitaria de Santiago- Barbanza rexistraronse nas últimas 24 horas 67 novos casos positivos o que eleva a 540 os casos activos na zona. Aumentan tamén os hospitalizados a 7, cinco no Clínico e 2 na Rosaleda. Hai 1.903 curados e realizaronse 51.087 PCS. Mentres segue o cribado de mestres nos hospitais do Complexo Hopitalario de Santiago e do Barbanza.

Outros artigos

Venres 13, con choivas tormentosas nas Rías Baixas e Santiago

Galicia vivirá o venres 13, Santa Catalina e Benigno, unha xornada de inestabilidade atmosférica coa entrada dunha masa de aire polar marítima, con chuvascos localmente tormentosos e posible sarabia nas Rías Baixas e arredor de Santiago de Compostela. Agárdanse ceos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.