Tres positivos da Covid-19 en Pobra. Os casos na área sanitaria de Santiago e Barbanza suben a 329

25 Agosto 2020

Nunha empresa de A Pobra rexistraronse tres posivos segundo informa o SERGAS. A Consellería de Sanidade informa que profesionais de enfermería acudirán este mércores a unha empresa da Pobra do Caramiñal para facer probas a todo o cadro de persoal, máis de 200 persoas, tras a aparición de tres casos positivos.

Por outra banda o brote rexistrado no Centro Postal de Tratamento Autorizado de Correos en Lavacolla, en Santiago de Compostela, elévase a 12 casos positivos en coronavirus; mentres que os contaxios vinculados a outro brote en Santa Comba xa ascenden a 28. Na xornada de onte catro profesionais de enfermería desprazáronse a este centro de traballo para realizar probas a 86 traballadores.

Ante a aparición de seis positivos este martes a área Sanitaria de Santiago informou de que os casos se elevan a 12. Pola súa banda, estas fontes precisaron que o brote familiar de Santa Comba alcanza xa os 28 casos activos con COVID-19, segundo as cifras actualizadas deste martes.

Salientar que 293 persoas analizadas na residencia Volta do Castro dan negativo tras o positivo dunha traballadora da xornada de onte.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.