
O curso de Agricultura Ecolóxica organizado por SumaRibeira comezou a impartirse o pasado xoves día 20 e prolongarase ata mediados de setembro.
O curso está impartido por persoas con moitos anos de experiencia. Constará de clases teóricas e prácticas.
Os contidos principais do curso serán: a formación do solo, tipos de solo, análise do mesmo, fertilización natural, reprodución de microorganismos, preparación para o cultivo, apócemas e preparados de biofertilizantes e tratamentos naturais contra pragas, mineralización do solo, recuperación de solos degradados, preparación de compostaxe, vermecultura, preparación de bosques comestibles…
Por motivos de seguridade sanitaria vénse na necesidade de limitar o aforo a 15 persoas para manter as distancias regulamentarias pero mantemos aberta a inscrición xa que se houbera máis xente interesada poderiamos facer un segundo grupo.
En SumaRibeira estas moi interesados en promover esta forma de traballar a terra sen usar ningún tipo de axente tóxico que prexudique a saúde das persoas e contamine o medioambiente para contribuír a que no noso Concello sexa cada vez máis sustentable, aumentando os terreos cultivables para producir e transformar alimentos o que contribuiría a crear emprego verde de calidade, revalorizando o rural e empoderando ás/aos agricultoras/es.
En SumaRibeira están abertos a calquera suxestión ou aportación a este tema, e seguirán levando aos Plenos Municipais calquera proposta razoable que beneficie á maioría social do noso concello.