Suben os mortos por COVID-19 en Galicia. Son xa 643, un deles en Cee. Hai un crítico no CHUS e 582 positivos na área

31 Agosto 2020

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.640 deles 1.392 son da área da Coruña, 730 da de Lugo, 340 da de Ourense, 226 da de Pontevedra, 237 da área de Vigo e 133 da de Ferrol. 

Na área sanitaria Santiago-Barbanza 582 da de Santiago (42 novos con respecto a onte). Rexistrouse un morto na zona no Hospital de Cee. Aumentan tamén os hospitalizados a 7, seis no Clínico (un na unidade de críticos) e 1 na Rosaleda. Na área sanitaria hai 1.915 curados e realiaronse 51.689 PCR.

En galicia do total de pacientes positivos, 17 están en UCI, 124 en unidades de hospitalización e 3.499 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.671 persoas curadas, rexistrándose 643 falecementos.

Os dous últimos falecidos foron un varón de 90 anos, que estaba ingresado no HULA; e unha muller de 89 anos, que estaba ingresada no Hospital de Cee. Ámbolos dous tiñan patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 335.554.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...