Suben os activos da Covid19 en Galicia, 111 novos casos. Na comarca baixan dous a 43, unha está hospitalizada e sete recibiron a alta

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 938, deles 544 son da área da Coruña, 93 da de Lugo, 60 da de Ourense, 51 da de Pontevedra, 118 da área de Vigo, 43 da de Santiago, e 29 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 1 están en UCI, 40 en unidades de hospitalización e 897 no domicilio.

Na comarca sete persoas afectadas pola covid-19 na área sanitaria de Santiago – Barbanza recibiron a alta nas últimas 24 horas A cifra de persoas a tratamento é de 43, e só unha delas está hospitalizada

Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.506 persoas curadas, rexistrándose 623 falecementos.

A última persoa falecida foi un varón de 90 anos que estaba ingresado no CHUO e presentaba patoloxías previas.

 O número de PCR realizadas é de 272.115. 

microscopic magnification of coronavirus that causes flu and chronic pneumonia leading to death. 3D rendering