“Stop Desafiuzamentos” Barbanza informa sobre os alugueres pola situación da COVID 19

18 Agosto 2020

Ante a gran cantidade de familias que contactan directamente coa Plataforma “Stop Desafiuzamentos” Barbanza por problemas económicos no momento de poder pagar a renda das súas vivendas en réxime de aluguer. Temos que informarlles que, #ante a Covid 19, tanto por parte do Goberno do Estado como por parte da Xunta de Galicia, decretáronse unha serie de medidas para paliar estas situacións.

Así se pode solicitar, por parte dos arrendatarios (inquilinos) unha moratoria do pago da renda ou ben o poder acollerse a unha axuda económica directa para o pago do aluguer. Para iso é necesario acudir aos propios Departamentos dos Servizos Sociais municipais de cada un dos Concellos, unha vez que hai que xustificar a situación de vulnerabilidade das familias solicitantes.

Tamén, desde a Plataforma, está a observarse algúns casos de arrendadores que se dedican a “acosar e perseguir” a algúns inquilinos por ter debidos varias mensualidades e esas situacións hai que xestionalas a través do diálogo e, de non ser posible, acudindo aos Tribunais de Xustiza pero nunca “acosando e amedrentando” ás familias, a maioría loxicamente con escasos ingresos económicas sobrevindas por mor de emerxencia sanitaria.

Como é lóxico, as familias que acoden á Plataforma prefiren manter o seu anonimato por temor á posible estigmatización e futuras “represalias”. Saúdos cordiais. Plataforma “Stop Desafiuzamentos” Barbanza 634 708 432

Outros artigos

Mensaxe de Fin de Ano do Presidente de Galicia, Alfonso Rueda. Video

Mensaxe de Fin de Ano do Presidente de Galicia, Alfonso Rueda, desde o Museo de Pontevedra O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a gravación da mesnaxe de Fin de Ano de 2025. Museo Provincial (Pontevedra), 27/12/25. Mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta...

+

Amicos despide 2025 coas pre-badaladas no Centro Integral de Boiro

A Asociación Amicos celebrou este mércores 31 de decembro as tradicionais prebadaladas de fin de ano no Centro Integral Amicos de Boiro, nunha xornada festiva na que participaron máis de 40 persoas beneficiarias da entidade. O encontro contou coa presenza da directora...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.