“Stop Desafiuzamentos” Barbanza denuncia a situación de desamparo de 7 familias en Boiro

08 Agosto 2020
Edificio da Avenida da Constitución número 4 de Boiro

Sete familiares de Boiro puxéronse en contacto coa Plataforma “Stop Desafiuzamentos” Barbanza para denunciar a súa situación irregular e de desamparo na que están a vivir nas súas residencias habituais que se atopan no edificio sito na Avda.da Constitución núero 4 de Boiro. As familias teñen subscritos contratos de aluguer cunha inmobiliaria denominada ” VECTOR PLUS” asinados no ano 2015 e 2016, por un período inicial de tres anos, prorrogables. Ante o embargo de créditos efectuado, por parte do concello boirense, e as débedas que tiña contraída co mesmo a inmobiliaria, os inquilinos estiveran abonando os importes dos alugueres ao propio Concello e agora atópanse, actualmente, con que descoñecen quen é en realidade os propietarios dos devanditos inmobles.

A maioría das familias teñen sentenzas xudiciais favorables ás súas pretensións, por parte dos Xulgados números uno e tres de Riveira, ante as denuncias por desafiuzamento en precario iniciado, no seu momento, por parte da propiedade ” VECTOR PLUS” e que quedaran sobreseídos.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.