Un total de cinco persoas relacionadas cun cámping de Muros deron positivo nas probas que se lles realizaron para detectar a COVID-19, informaron este domingo fontes sanitarias. O sábado coñecéronse os positivos de dúas persoas que se aloxaron nos últimos días nas instalacións. O rastrexo levara a illar a outros 23 usuarios, considerados contactos estreitos e que se fixeron unha PRC.
As probas mostraron que outras tres persoas se contaxiaron o que eleva o total a cinco. Ao longo do domingo, un equipo sanitario fará PCR ao resto dos ocupantes do cámping, situado na zona da praia de Louro.