Santiago Llovo presenta A salga no Son este martes (e máis o xoves)

18 Agosto 2020

Unha vista de Porto do Son a finais do século XIX

Esta semana vaise presentar en Porto do Son un pormenorizado achegamento á notábel presenza da salgadura no concello, unha das actividades económicas (a industria do salazón impulsada en boa medida polos industriais cataláns), de meirande importancia histórica, social e produtiva no noso litoral. Estamos a falar do libro A salga no Son, de Santiago Llovo Taboada, achegado ás librarías por Andavira Editora.

Será unha presentación con dous tempos e dous escenarios: a primeira cita será este 18 de agosto ás 18.00 horas na Casa da Cultura de Porto do Son. Dous días máis tarde darase a coñecer en Portosín, ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Portosín.

Intervirán nas dúas citas, amais do autor do libro, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, o alcalde Luis Oujo e máis Lucila Ventoso, editora de Andavira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cómo tratar al peregrino”. José Fernández Lago

“Cómo tratar al peregrino”. José Fernández Lago

Esta mañana, a las 9, comenzaba en el Hostal de los Reyes Católicos un Congreso, que continuará mañana y pasado hasta las 2 de la tarde en la Facultad de Filosofía. Se trata de un encuentro de estudiosos -buena parte de ellos miembros de número de la Academia...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.