Ribeira renovará o pavimento da rúa Manzanares nun tramo de 110 metros

06 Agosto 2020

O Concello de Ribeira aprobou o orzamento necesario para proceder á renovación da histórica rúa Manzanares na cidade de Santa Uxía ao longo dun tramo de 110 metros.
A frecuente rotura das lousas de granito do pavimento actual —ocasionada sobre todo polo tránsito de vehículos— obrigan a que a brigada de obras teña que acudir cada pouco a arranxar estas eivas, razón pola cal se decidiu no Executivo substituír este material por un máis resistente formigón pulido (intercalado con franxas de granito tal e como se está a facer noutras rúas da cidade) no que atinxe á capa de rodadura. Consérvanse as lousas de granito nos laterais e as que estean en mal estado serán reparadas.
A zona de actuación comprende entre as prazas de Compostela e Pontevedra e o orzamento da actuación ascende a 9.500 euros. Será executado pola brigada de obras nos próximos días, unha vez sexan
notificados os veciños afectados e en especial os que dispoñen de vehículo a motor.
Acceso a garaxes
Neste último sentido, habilitarase un acceso alternativo para entrar e saír dos garaxes a través da praza de Pontevedra.

Rúa Manzanares, Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.