Ribeira recupera as viaxes en catamarán a Sálvora cada mércores de agosto

07 Agosto 2020
Presentación da iniciativa na Pedra da Rá

A partir do vindeiro mércores día 12 e ao longo dos restantes mércores deste mes de agosto, aqueles que o desexen terán a oportunidade de participar en viaxes en catamarán ata Sálvora e coñecer os segredos desta
xoia do Parque Nacional Illas Atlánticas.
A iniciativa foi dada a coñecer esta mañá no icónico miradoiro de Pedra da Ra no transcurso da presentación da programación turística municipal para os meses de agosto e setembro: un acto que contou coas intervencións dos concelleiros de Turismo e Xuventude, Ramón Doval e Juana Brión; da coordinadora do servizo de información turística do Concello, Sandra Fernández; e de Ana Pérez en representación das empresas Golfiño e Turimares.
Degustación
Precisamente Ana Pérez foi quen explicou as características desta iniciativa denominada “Viaxes máxicas a Sálvora”. As saídas terán lugar ás 10 horas e os retornos ás 14.30 horas no porto de Ribeira.
As visitas serán guiadas por persoal especializado. O catamarán ten unha capacidade de 145 persoas pero de ser necesario se podería dispoñer dunha embarcación máis grande. Durante a travesía marina os viaxeiros terán a oportunidade de disfrutar dunha pequena degustación de mexillóns ao vapor e viño branco.
En canto ás inscricións, pódense formalizar no numero de teléfono 630 065 790, nas oficinas da empresa Golfiño no Touro ou a través da web de Turimares cruceirosdoulla.com. O custe de cada viaxe é de 20 euros (de 10 no caso de menores ata 12 anos).
Beneficio da hostalería e comercio Ana Pérez agradeceu as facilidades postas polo Concello para que puidese ver a luz esta idea na que levaban traballando moito tempo, en tanto que o concelleiro de Turismo, Ramón Doval, puxo en valor a colaboración público-privada para lanzar unha iniciativa que ao seu xuízo redundará moi positivamente a prol do comercio e a hostalería do municipio, ao igual que as rutas guiadas gratuítas organizadas dende o Concello e que foron dadas a coñecer pola técnica Sandra Fernández.
Así, todos os venres de agosto e setembro en horario de 11 a 12.30 horas haberá rutas guiadas polo Miradoiro de Pedra da Ra e o Castro da Cidá, ofrecendo así a experiencia de gozar dunhas vistas inmellorables do complexo dunar de Corrubedo e do arquipélago de Sálvora, ademais de coñecer un dos xacementos castrexos máis antigos de Galicia. Por outra banda, todos os martes de agosto e setembro ofreceranse rutas polo parque periurbano de San Roque para mergullarse na prehistoria da nosa contorna.
En ambos casos cómpre facer a inscrición na Oficina de Turismo do Malecón, que abre de xoves a martes en horario de 11 a 14 e de 18 a 21 horas. Por suposto, as rutas están adaptadas aos protocolos covid e o uso da mascarilla é obrigatoria.
Por último, Juana Brión anunciou unha actividade promovida dende Xuventude: unha ruta en catamarán a Sálvora o domingo 16 de agosto que sairá do porto ribeirense ás 11.30 horas e regresará ás 19 horas. Con tal motivo, poderán participar os nenos e nenas acompañados por un ou dous adultos, e tamén os mozos con idades entre 18 e 30 anos sen necesidade de acudir con menores a cargo. A inscrición é gratuita e pode formalizarse no Espazo Xuvenil ou ben
telematicamente neste enlace https://forms.gle/NYHXwpxh4yn9eCrU7 a partir de mañá sábado ás 12 do mediodía.
Aínda que se pode anotar calquera persoa interesada terán prioridade as empadroadas en Ribeira. O aforo son cen prazas que con esta salvedade se irán cubrindo por orde de inscrición.

Os concelleiros de Turismo e Xuventude, Ramón Doval e Juana Brión; a coordinadora do servizo de información turística do Concello, Sandra Fernández; e de Ana Pérez en representación das empresas Golfiño e Turimares durante a presentación das viaxes

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.