Ribeira inicia as obras da rúa Manzanares (Bandourrío)

18 Agosto 2020

O Concello de Ribeira informa de que, tal e como estaba previsto, no día de hoxe martes 18 de agosto deron inicio as obras de renovación da pavimentación na rúa Manzanares ao longo dun tramo de 110 metros.
Neste senso, cómpre lembrar que a frecuente rotura das lousas de granito do pavimento existente —rotura ocasionada especialmente
polo tránsito de vehículos— obrigaban a que a brigada de obras tivera que acudir con frecuencia a arranxar estas eivas, razón pola cal se decidiu no Executivo substituír este material por un máis resistente de formigón pulido na capa de rodadura destinada a vehículos, intercalándoo con franxas de granito tal e como se está a facer noutras rúas da cidade. Consérvanse as lousas de granito situadas nos laterais.
A brigada municipal de obras é a que se encarga desta que comprende entre as prazas de Compostela e Pontevedra. O orzamento da actuación ascende a 9.500 euros.

Ribeira inicia as obras da rúa Manzanares

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.