Ratificada a axuda de 30 millóns á paralización da actividade pesqueira. Por Antón Luaces

03 Agosto 2020

O Boletín Oficial do estado (BOE) publicou hoxe o real decreto aprobado polo Goberno que establece unha liña de axudas para armadores e pescadores. O destino destas axudas é financiar a paralización temporal da actividade pesqueira, paliando así os efectos da crise de coronavirus.
Estas axudas por importe de 30 millóns de euros xa foran anunciadas a semana pasada pola portavoz do Gpoberno María Jesús Montero, que adiantaba que con tal aprobación “acadaríase dar liquidez, de maneira urxente e acurtando os prazos para asegurar unha plena efectividade”. 

Esta axuda, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) nun 75% e nun 25% polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, vai destinada a armadores de buques pesqueiros da lista III do Registro de Buques y Empresas que estean dados de alta no Registro General da frota pesqueira e que levaran a cabounha actividade pesqueira de alomenos 120 días no mar durante os dous anos civís anteriores á data de presehnjtación da solicitude da axuda.
Os mariñeiros tamén poderán beneficiarse desta axuda sempre e cando traballaran a bordo dun buque pesqueiro español afectado pola paralización temporal alomenos 120 días , así como os que teñan a condición de beneficiarios, que presentaran  as súas solicitudes e percibirán o seu importe a través dos armadores dos barcos nos que estaban enrolados.
Deste xeito, entre 6.000 e 9.000 buques e as súas tripulacións poderán optar a estas axudas, polo que o Goberno entende que poderán evitar perdas de emprego tanto na súa condición de autónomos como na de asalariados.
Para acadar estas axudas teráse en conta o período comprendido entre o 16 de marzo e o 15 de xullo de 2020 de empresas que non presentaron un procedemento de suspensión de contratos ou cese de actividade e que, segundo a ministra María Jesús Montero, o real decreto “compensará en todo o posible e de xeiro rápido, aparada á que se viu obrigada  esta actividade para que España siga a ser líder da produción pesqueira na Unión Europea”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.