Quince ofertas para as obras da beirarrúas e calzada de Xarás

20 Agosto 2020

O Concello de Ribeira informa de que, rematado o prazo de presentación de ofertas, resultaron ser quince o número de propostas presentadas á
actuación consistente na pavimentación dun novo tramo de vial e
beirarrúas dunha zona do polígono industrial de Xarás
(concretamente, na avenida Ramiro Carregal Rey) coa fin de
incrementar a seguridade viaria.

Polígono de Xarás . Ribeira

A zona onde se centra a actuación ten beirarrúas construídas en
formigón en masa que se atopan bastante deterioradas, ao igual que
a calzada. Por tal motivo, os servizos técnicos elaboraron un proxecto
técnico que inclúe a pavimentación das beirarrúas mencionadas cunha capa de formigón de 15 centímetros de espesor cun mallazo de 15×15 centímetros de 6 milímetros de diámetro, en tanto que a calzada será asfaltada con aglomerado en quente. Os traballos concluirán co pintado do vial.
A actuación comporta un investimento de 116.528 euros, dos cales o 80% (92.223 euros) proceden dunha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para a habilitación e mellora de infraestruturas para parques empresariais que hoxe o departamento autonómico comunicou ao Concello. O prazo de execución son catro meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.