Pobra modifica o calendario de actividades desta fin de semana por mor do mal tempo

13 Agosto 2020

A mala previsión meteorolóxica para esta fin de semana fixo que desde o Concello da Pobra do Caramiñal tomasen a decisión de modificar as citas que estaban programadas a partir do sábado 15, inclusive. Así o anunciaron o alcalde Xosé Lois Piñeiro, a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e a súa homóloga de Turismo, Charo Varela.
Polo de momento, a única actividade que non sufre variacións é o concerto de Monoulious Dop que se celebrará mañá, venres 14, na praia da Illa, a partir das 21.00 horas, pois non se agarda chuvia.

Para a xornada do sábado 15 íanse desenvolver concertos nas terrazas, os cales quedan anulados e pospóñense para o mes de setembro, con data concreta aínda por determinar.
En canto aos concertos nas prazas, a actuación de Moito! trasládase ao Elma, espazo que conta con maior aforo, e procederase á apertura de portas ao redor das 22.00 horas.
Mentres tanto, o de Mad Martin posponse ao 29 de agosto, seguindo o mesmo formato inicial e barallando a posibilidade de que sexa no Cantón da Leña ou na praza do Emigrante.

Así mesmo, adíase a actividade que ía ter lugar o domingo 16 e luns 17, consistente en cociñar nas prazas da vila baixo a dirección de Kike Piñeiro e Eloy Cancela, de A Horta do Obradoiro, para, posteriormente, repartir as tapas elaboradas con produtos locais entre as terrazas dos diversos establecementos hostaleiros do municipio. A intención é recolocar esta cita para finais deste mes, xunto con dous pequenos eventos musicais que amenizarán a xornada.

No que respecta á música tradicional nas prazas e rúas, explicaron que agardarán a ver como se desenvolve a fin de semana, decidindo no transcurso da mesma, ao non precisarse loxística.

Cómpre lembrar que tódalas propostas contarán con medidas de protección, protocolos de seguridade e vixilancia fronte a COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.