Pobra adquire unha vintena de tablets para superar a fenda dixital

14 Agosto 2020

Co obxectivo de contribuír á superación da fenda dixital, o Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellería de Igualdade, mercou este mes de agosto un total de 20 tablets coas súas correspondentes fundas. Dita medida supuxo unha inversión de 3.600 euros con cargo aos orzamentos municipais de 2020.

Actualmente estes dispositivos atópanse en uso por parte das crianzas que participan no campamento de conciliación que se celebra no C.E.P. Salustiano Rey Eiras, empregándoos como ferramenta para socializar a través de xogos de mesa virtuais e actividades de lóxica, seguindo o protocolo de seguridade establecido por mor da COVID-19 e sen renunciar á
diversión sen esquecer o aspecto educativo.

Unha vez remate o campamento co inicio do curso escolar, as tablets empregaranse naquelas actividades organizadas polas diversas áreas do Concello que así o requiran. Preténdese así achegar as novas tecnoloxías e formación online ao conxunto da veciñanza independentemente do rango de idade.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

A liberalización do transporte ferroviario incrementou notablemente o número de trens que circulan polas nosas vías. A entrada de operadores privados transformou o sistema, pero tamén elevou as esixencias sobre unha infraestrutura que debe ser, por encima de todo,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.